viernes, 23 de diciembre de 2011

FGCMF-Concello Vilagarcía de Arousa

En relación coas discrepancias entre o Concello de Vilagarcía e a Federación pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a Xunta Directiva do Clube Mariño A Reiboa quere expresar a súa total adhesión ás teses que defende a FGCMF.

A organización do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia foi encomendada á Asociación Rompetimóns, de Carril, e ao Concello de Vilagarcía despois de que o pleno, por unanimidade aprobase a solicitude á FGCMF. O goberno actual, como membro daquela corporación, votou a favor da organización en Carril do X Encontro.

A resposta do Concello de Vilagarcía ás solicitudes da FGCMF non nos parecen axustadas á realidade dos feitos e ainda menos cando se usan os convenios entre a Asociación Rompetimóns e o Concello de Vilagarcía como excusa para non asumir os compromisos do Concello co comité organizador do X Encontro.

Os compromisos do Concello de Vilagarcía, asinados ou verbais, a súa implicación como membro do comité organizador, e os problemas xerados pola falta de cumplimento dos mesmos debe ser asumida pola nova corporación. Lóxicamente, débense buscar as fórmulas axeitadas para conseguir un resultado o máis beneficioso posible para todolos membros do comité organizador

Desexamos que se atope unha solución rápida e viable, mentres tanto brindamos todo o noso apoio á FGCMF e a Rompetimóns nestes momentos tan delicados para ambos.

Declaracións na prensa do Alcade de Vilagarcía 13-12-2011



No hay comentarios:

Publicar un comentario